Un Préstamo é unha operación financeira pola que unha parte (o prestamista) entrega unha cantidade de diñeiro a outra parte (prestameiro), que o recibe e se compromete a:
- Aplicala para un fin determinado previamente
- Pagar nas datas indicadas os xuros e outros gastos tamén predeterminados
- Devolver dita cantidade no vencemento pactado
Habitualmente a devolución realízase mediante cotas periódicas, compostas de capital e xuros.
Un crédito é un contrato polo cal unha entidade financeira pon ao dispor do cliente certa cantidade de diñeiro, denominado límite, ata unha data determinada (vencemento). O titular adquire o compromiso de devolver ao vencemento o límite dispoñible.
Comentarios
0 comentarios
Inicie sesión para dejar un comentario.